STOP

 

Ante a perspectiva de horas de traballo, sen ter deseñada unha organización asumible das labouras, e sobre todo sen ter clara a finalidade do devandito traballo, pois … qué carallo, calquera opción parece máis apetecible. Dende a de estomballarse á bartola ata porse a escribir insensateces e parvadas.

E a opción que manexo nestes intres é a da crítica gratuíta (e probablemente pouco reflexiva). Así que me dispoño a deseñar unha listaxe máis ben pouco orixinal en relación a todo aquilo que me pon moito dos nervios e que me toca bastante unha moral por outra banda xa abondo desmembrada.

Tentarei emular o patético intento dalgún cantautor (ou proxecto de) por rimar en sucesiva consonancia todo aquilo que “odio”…que claro está, importa o que vén sendo nada… emprego este texto coa fin única de deixar de facer o que debera de estar facendo e de liberar tensións (ko stress). Básicamente por non dedicarme a mis labores, que se me antollan hoxe (coma sempre) tediosas e pouco produtivas.

Ante o risco de enredarme nun circunloquio de opinións propias, vaian as seguintes liñas a xeito de frases soltas, algo moito máis doado e que non require demasiado esforzo mental, que non están os intelectos para excesos.

Pois ben…

1) Non entendo que neste país se baile máis coas ideas ca cos pés. Iso non pode levar a nada bó de ningunha maneira… e máis sabendo que as ideas coas que se baila neste país xeran políticos (que, non nos esquezamos, son veciños e podemos inclusive ser nós mesmos, xa nos imos coñecendo) que adoitan dar bastante risa e bastante medo.

2) Dáballe un sopapo de cada lado a tanto listillo que anda solto… a algún deses que pensa que ir á universidade lle outorga o don da intelixencia… e ben sabemos todos canto burro hai solto nas facultades e canto incompetente sae das mesmas (ou saimos). Andar coa cabeza tan alta dá aspecto de deficiencia mental, é coma unha postura antinatural resultado de minutos de anoxia periparto.

3) Considero a impuntualidade por sistema un rasgo de egoísmo absoluto, ¿haberá que presupoñer que o tempo do que chega puntual é menos importante có do que POR SISTEMA se permite o luxo defacer agardar a alguén?

4) Do mesmo xeito, considero a impuntualidade no traballo ou en calquera tipo de evento organizado coma un claro síntoma de irrespondabilidade. O outro día estiven nun curso dedoctorandos (¡¡futuros doctores!! Lo flipas), que se consideraban tan güais como para entrar con máis de 20 minutos de retraso ás poñencias dos seus compañeiros. E eu aí instruíndome sobre as declinacións en alemán jaja. Puro arquetipo español.

5) Diríalle algo ós guaperillas, ós alternativos e ós flipados postmodernos (que non se adiquen a outros mesteres, ollo) en canto ó significado do esforzo e á futilidade de tanta tontería.

6) Diríalle tamén ós alcaldes da terra que aprendesen a ler, non é tan difícil.

7) Estou de moi mala uva hoxe…mmm… amoso pouca laxitude…

8) Podo entender os arranques momentáneos de frivolidade de cara a sobrevivir nun ambiente hostil, pero éme imposible comprendela como estilo de vida… machaquillas de ximnasio, lectores de folletos, bloggeras del alter ego, locuras físicas varias… dereitiños ó barranco e chegando ó baleiro.

9) ODIO OS CENTROS DO UNIVERSO, os bradipsíquicos por vagancia e os verborreicos (insoportables verborreicos que nunca deixan meter baza, ¡¡porque quen vai ter algo máis que dicir ca eles!!).

10) E como non me aburro… sigo, que isto estame sentando moi ben…

11) Encéndome coas nenas tontas que tiran pola borda o traballo do resto das mulleres, das de agora, e das que morreron polo dereito ó voto, entre outros. Esas nenitas absurdas que só saben falar de homes e viven agardando o coqueteo sábado noite… ¿¿é que en tan pouca consideración se teñen a si mesmas??

12) Xenreira me dá o eu, eu, eu, eu…eu sufro, eu estou mal, eu son chachi, eu non vou morrer nunca. ¡¡TI o que tes é unha doenza egocentrista!!

13) Odio os médicos de ideas absolutistas e cara longa que nunca lle sorrín ós pacientes, que non dan a man e que se manteñen na estratosfera “do sabio” en lugar de seren quen de empatizar con aquel que sufre. Que SUFRE, ¿non se darán conta da aterradora dimensión do verbo SUFRIR?

14) E ó fío da conversa, que vedes que todo está moi relacionado ;D (xa teño recoñecido algunha vez que non me caracterizo por manter un fío coherente de pensamento e moito menos por ser especialmente avispada)… pois eso… sigo… O outro día xogando ás bonecas con miña sobriña de tres anos propúxenlle levar as Barbies a cear a un restaurante. Moi acertadamente, e moi intelixentemente, xa a cativa me quitou do meu erro: “Pero se é unha Barbie!! As Barbies non comen” e miroume como miran os cativos a quen dixo unha burrada moi gorda… !POR DIOS! ¿qué posibilidades caben de xerar unha sociedade na que comer sexa pecado? ¿Onde quedou a fisioloxía, a homeostase e a balanza aquela do gasto enerxétco VS inxesta? Venga, ¡¡si!! ¡¡Coleguis demacradas!! Berremos todas ó unísono, rodeemos de vítores a esas heroínas que compiten a ver cál ten máis marcados os resaltes óseos: ¡¡MODELOS ANORÉXICAS DEL MUNDO, FELICIDADES POR LOS LOGROS, POR CAMINAR SIN MÚSCULO, POR PENSAR SIN GLUCOSA,POR VIVIR SIN FUERZAS Y POR VESTIR UNA 34, OJALÁ TODAS LAS MUJERES DEL MUNDO SIGAN SU SACRO EJEMPLO!!, ¡¡AMIGAS FLACAS Y ENFERMIZAS, NO CEJEN EN EL EMPEÑO, CON ALGO MÁS DE ESFUERZO VOLVERÁN ALUCIR UN TIPAZO TALLA 32, E INCLUSO LOGRARÁN EL ÍNDICE DE MASA CORPORAL CERO!! Cajonacona, cajonros… canto sopapo nos falta!

15) E que non se me esquezan para ir acabnado… Non soporto a suciedade, a desorde, a glotonería, a desconfianza esaxerada, a presunción, o histrionismo, a xente que fala demasiado alto, os papanatas, os calzoncillos calvin Klein que deixan á vista pantalóns a mediacacha, a xente que se apresura demasiado, os que non poden cerra-lo pico a tempo, os vaidosos, os aproveitados, os abusóns, os coxos de raciocinio, os bufóns, os Antonio Orozco e os Cárdenas, os choromicas, os sonámbulos, os desconsiderados, os que mascan chicle coa boca aberta, os que xamais se quitan as lentes de sol, os envexosos, os categóricos-verdade absoluta, os intolerantes,os piadosos de pacotilla, os que adulan de máis porque algo agochan, os máis altos cós altos e máis guapos cós guapos e máis listos cós listos porque deseguro tamén son máis inseguros cós inseguros…

E así podería seguir indefinidamente. E fareino. Pero xa non son horas e hai que espabilar.

 

basta

Anuncios

Un comentario en “STOP

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s