COUSAS QUE FAI O SOL EN GALICIA (I)

En Galicia, por se queda alguén sen sabelo, chove, chove moito, demasiado incluso. Chove tanto que á forza se tivo que converter no país dos mil ríos, pra canalizar tanta auga que lle cae.
Probablemente sen ese sistema de drenaxe, con todo o que chove, Galicia afundiría. Gracias a el non afunde, só está encharcada.
Hai unha cousa que ó mellor sabe menos xente que o de que chove, e é que en Galicia, ás veces, cando menos o esperas (porque non o esperas case nunca) SAE O SOL.
Cando decide asomar é frecuente que os raios sexan interceptados polas gotas da choiva, porque, ó fin e ó cabo Galicia é o seu reino. Intercéptanos, descomponos e refractan a sua luz ó entrar o o saír da gota, separándoa en cores primero e aumentando esta separación despois, para amosarlle ó mundo a mentira de que os raíos do sol son amarelos, desvelando que o sol, a parte de esquivo por esta terra, é un mentireiro. E como resultado desta interacción exponse á nosa vista o que a luz oculta: as 7 cores do ARCO DA VELLA.
Como a cotío valen máis as imaxes que as palabras non o conto, védelo:
Arco da Vella

Arco da Vella

Arco da Vella

Arco da vella

Arco da Vella

Arco da Vella

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s