SER COMA NENOS

Pasamos unha parte importante da vida adulta con morriña da infancia, en canto temos

O QUE É É BONITO Viches algunha vez algo como isto? Non exactamente o que fixo senon o orgullosa que está de telo feito ela. É unha mirada que verás sempre que un neno faga algo por si mesmo. Non importa o que crearan.

O QUE É É BONITO
Viches algunha vez algo como isto? Non exactamente o que fixo senon o orgullosa que está de telo feito ela. É unha mirada que verás sempre que un neno faga algo por si mesmo. Non importa o que crearan.

un revés xa estamos lembrando aquela época na que eramos libres, felices e despreocupados, pero… en serio éramos así? QUE MANEIRA DE AUTOENGANARNOS! Realmente os vosos cerebros resetearon tan ben que non vos acordades do chungo que era ser neno? Tíñamos exactamente a mesma cantidade de preocupacións que agora: os exames sorpresa, os cadernos de exercicios para o verán, a presión de buscar compañeiro de asento nas excursións do cole, que non che elixiran de último ó facer equipos de brilé, que a tua mellor amiga non buscara outra mellor amiga, que tua nai non vira ese rascazo que fixeras na porta do armario ou que xa romperas polos xeonllos o pantalón novo (que siii, que te tiñas que ter cambiado antes de ir xogar!). E o peor de todo era esa falta de respeto pola tua intimidade que tiñan os adultos, que ti contábaslle as tuas inquedanzas a calquera e nunca sabías cando as ían desvelar nunha festa familar, polas risas! En serio… non lle sigamos facendo eso ós nenos!
Pero sabedes porque a pesar de todo eso recordamos a infancia como unha época inmensamente feliz? Porque na infancia desfrutamos das mellores primeiras veces. Por primeira vez acadamos logros personales que nos fan sentir orgullosos de nós mesmos, cousas como aprender a atar os cordóns dos zapatos, a ler, a escribir, pintar sin saír da raia, facer trenzas, andar na bicicleta, nadar, marcar o gol da victoria, saltar a comba, dar toques seguidos cun balón, dar volteretas… Por primeira vez temos esa sensación tan incrible de que si intententas algo, si practicas e te esforzas, consíguelo! Quedaba case todo por aprender e acababas de descubrir que eras capaz de facer moitas cousas, eras capaz incluso de innovar, acababas de descubrir que igual non todo estaba inventado e que igual podías marcar a diferencia.
Cando foi a última vez que tivéchedes esa sensación? Cando vos sentíchedes tan contentos como a nena da foto por algo feito por vós? Si fai demasiado tempo igual si que é o momento, non de querer volver á infancia, pero si de traer ó presente algo dela.

Anuncios

Un comentario en “SER COMA NENOS

  1. Na infancia tamén se teñen sufrimentos de adultos, moi moi escuros, moi duros e profundos…sempre subestimamos ós nenos. Romper o pantalón ou os deberes do cole non era nada en comparación.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s