FE DE RATAS

Así de colorada ve word a cousa.
Así de colorada ve word a cousa.

Recibín unha crítica salientando as faltas ortográficas das miñas anteriores entradas e non me queda máis remedio que vir aquí e pedir desculpas, primeiro ó idoma galego (que a RAG me perdoe, compañeiros) e depois ós 4 ou 5 lectores que vos paseades polo blog e tedes que sufrir que calquera descoidada publique cousas en internet.
Nin tan sequera me podo escusar dicindo que teño o corrector de Word en castelán porque sei que o podería solventar instalándoo en galego, (se a informática non se me dese aínda peor que escribir axeitadamente) Pero é que a culpa non é diso porque o meu rifirrafe ca ortografía vén de lonxe, da adolescencia xa, cando tiña que estudiar pos exames de lingua calculado a nota extra que debía sacar para que me quedase un resultado decente, sabendo que un par de puntos os ía perder polas faltas cometidas, xa sabedes: algún tempo composto, algunha til de máis ou de menos, unha v e unha b que se intercambian, castelanismos… Que vos vou contar a vós que ledes isto? Por sorte podíao compesar cunha boa memoria (a intelixencia dos tontos) e suplía con contidos o que me faltaba en formas.
Deixo constancia agora e por escrito de que teño propósito de enmenda. Propósito como os que se fan cada un de xaneiro, que non prometen nada máis que a intención de mellorar. Tan motivada estou de entrada que ata descarguei unha app po mobil: “conxugalego” A ver si ó menos poño ben os tempos verbais.
Aproveito a entrada para dicir que serán benvidas todas as notificacións de erros que atopedes, dese xeito aínda que contido non sexa moi satisfactorio ó menos a ortografía amosará o respecto que lle teño á lingua e poderei aprender sempre algo máis.

Ah! o título é un chiste! un chiste malo…

Anuncios

One thought on “FE DE RATAS

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s