COUSAS QUE FAI O SOL EN GALICIA (II)

Lagarto desfrutando do sol

Lagarto desfrutando do sol

Cando tras longos períodos sen velo, sobre todo no outono e inverno, onde a maior parte do tempo chove e temos un ceo plúmbeo, sae o sol, fai que os galegos adoptemos comportamentos propios de réptiles, de golpe ese primitivo instinto dos lagartos de estar á raia todo o día apodérase de nós que, aínda que non somos de sangue fría, nunca vemos mal botarlle unha man ó noso termorregulador subindo un pouco a temperatura corporal.

É fácil observar este fenómeno nada máis saír á rúa: a xente  ateiga as terrazas, poboa as alamedas, estombállase nos xardíns, senta nos bancos dos parques, tómbase nas praias… As únicas que non se deixan enfeitizar son as avoas, polo menos a miña, á que lle abonda con saír á eira e mirar ó ceo para que se apodere dela un instinto non de réptil, senón algo herdado dos antigos chamáns celtas e que a fai coñecedora dos potenciais perigos que ten o sol cada día. Nunha visual analiza posición, intensidade e grao de radiación para concluír ás veces cun: “Sácate da raia, que este sol é sol de trono”

Galegos ó sol en marzo, probablemente sen saber se é de trono ou non.

Galegos ó sol en marzo, probablemente sen saber se é de trono ou non.

Sol de trono. Esa expresión sempre me marabillou, aínda que nunca a entendín moi ben o que quere dicir, e bótoa en falta no parte meteorolóxico onde repiten ata a saciedade o tema da hidratación e das cremas solares  pero non nos advirten se o sol é de trono ou non. Así, se non temos preto unha avoa que nos protexa cas sua sabedoría ancestral corremos o risco de exporñernos e acabar  con dor de cabeza ou algún molesto arrefriado que poderíamos evitar se se nos informara deses días nos que o sol só é bo pos lagartos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s