SMILEY

A cariña de absoluta felicidade dos smilies

A cariña de absoluta felicidade dos smilies

Falta un emoji no Whatsapp.

Alguén tiña que dicilo.

Tentan distraernos colocando centos de imaxes inservibles. Quen precisa tantas froitas? E os edificios? De verdade fai falla unha igrexa con corazón e outra igrexa sen corazón? Vese que a burbulla inmobiliaria tamén chegou aí. Ninguén se da conta de que toda esta saturación é un van intento para que non nos decatemos que deixaron fóra ó Emoji primixenio, ó dous puntos paréntese, ó de ollos abertos sorriso amplo? FALTA O SMILEY!!!
Non repararades niso? Pois non está! Non vou entrar en especulacións buscando o porqué de que o deixaran fóra, pero ocórrenseme un feixe de teorías da conspiración: Fixéronlle o baleiro ó pobre por vello? Pasou el de incorporarse á novas aplicacións? Quizais se lle deu polo retro e o que lle vai agora é aparecer só nas camisetas e nas chapas dos oitenta
Hai infrutíferos intentos de imitalo: temos o sorriso amosando os dentes, o sorriso cos ollos pechados, e o sorriso cas fazulas vermellas… Ningún é o mesmo! O último en concreto está inundando o whatsapp dunha aura de candidez que, sexamos francos, non temos. Estou segura de que o 80% das veces nas que esa imaxe é enviada ou recibida ninguén está en absoluto ruborizado. Algunha universidade americana debería facer xa un estudo ó respecto. Así que paremos con esta farsa. Dende aquí o meu chamamento á Mark Zuckerberg: urxe unha nova actualización, precisamos o Smiley.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s