Velvet: explicación de por qué Ana debería quedar soa

Ana na súa típica "pose" de non saber o que quere.
Ana na súa típica “pose” de non saber o que quere.

Vou confesar aquí en petite comite que teño unha tara mental, ben, en realidade teño varias, pero unha en concreto lévame a engancharme ás máis absurdas telenovelas. Canto máis previsible sexa o argumento, máis inverosímiles as personaxes e máis parvas as tramas máis difícil me resulta cambiar de canle. Atopo un estraño pracer en indignarme dende o sofá polo que vexo na pantalla. Por iso cada luns, despois de cear e ver os últimos minutos de “El Hormiguero” (que tela marinera con iso tamén) engánchome a VELVET.
Grazas, señor da tele, polas series malas que nos ofreces!
Velvet, para quen non a vira, é unha telenovela ó uso, aínda que queren disfrazala de serie costumista dos anos 50 con decorados coidados ó detalle e bla, bla, bla. Ten ademais o plus que eu máis valoro nas telenovelas: A PROTAGONISTA CÁEME FATAL. Tan mal que esta entrada é única e exclusivamente pa facer un chamamento ós escritores do guión e pedirlle que no final da serie, Ana, que así se chama a personaxe, acabe soa, por burra!
Xa sei que nas bases nas que se cimentan todas as telenovelas está gravado en negriño, cursiva e subliñado que é condición indiscutible que o final sexa feliz e os protagonistas rematen xuntos comendo perdices, pero agora que están de moda esas modernidades de sorprender ó espectador a toda costa espero que a esta lle dean un xiro.

O que a min me gustaría é que Alberto, o protagonista masculino, acabe namorado ata as trancas de Cristina, que é o outro vértice do triángulo amorso, a antagonista,(aínda non decidín si quero que Cristina se desnamore del ou non) e que Ana acabe soa. Teño sobrados motivos polos que coido que a protagonista merece isto, en concreto tres:

1. Por tontaina: Porque foi ela a que fomentou a idea de que el se casara con outra. Que muller namorada fai esa bobada? De repente a protagonista da serie converteuse na nai de Rose Dewitt Bukater en Titanic. Un matrimonio por interese… ten que haber créditos que saian máis baratos! E se non hai pois mira, que afundan as Galerías ou España enteira!

Aquí a Sra. Dewitt Bukater explicando porque é mellor casar cun rico que pedir un crédito.
Aquí a Sra. Dewitt Bukater explicando porque é mellor casar cun rico que pedir un crédito.

2. Por lagharta: É tan egoísta que despois cambia de idea e quere seguir con el (vese que non era tan sacrificada a mociña como parecía) Pero non quere que Alberto renuncie ós cartos de Cristina así que engana á pobre rapaza  namorada enredándose co seu prometido ás súas costas… Que tes na cabeza, Ana?? Que pouca solidariedade de xénero! Non se pode estar na misa e repicando. Ou o amor ou as galerías, decide!

3. Por sosa: Por que é unha sosainas, e está sempre con esa cara de intensa que non podo con ela! Si ata vai ca súa mellor amiga a París e como quedara con Alberto nin sequera a acompaña de copas un anaquiño! Que non digo cancelar a cita, non vamos pedir milagres, pero levar a túa amiga á calle dos pubs de París é o mínimo! Que che daba tempo antes da cita!

Nada que ver con Cristina, que é divertida, desenfada e ten ata un punto de guarilla que si Alberto é un pouco agudo debería velo e encantarlle… Pero de Cristina si eso xa falaremos outro día, explicando o porqué de que Alberto debería namorarse dela.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s