COUSAS QUE FAI O SOL EN GALICIA (III)

 

Posta de sol dende as cubertas da catedral de Santiago
Posta de sol dende as cubertas da catedral de Santiago

       Unha das cousas máis bonitas que fai o sol en Galicia é ocultarse detrás do horizonte, supoño que as alboradas tamén teñen o seu aquel, pero debo confesar que non vin moitas porque me resulta case obsceno erguerme antes de clarear.
O que sempre me atrapa é a nostalxia do ocaso, ese resaibo a despedida que deixan os xogos de luz e sombra ó anunciaren que o día chega ó seu final. Pódese ver como os últimos raios o van impregnado todo de melancolía, como acenden as pedras e como ás veces mesmo semella que arde o ceo antes de que o sol desapareza detrás dalgún monte ou do mar.
Despois de que se poña chega a calma, nos últimos intres nos que aínda queda algo de luz o ceo é un degradado, unha suave transición de cores dende o cénit ó horizonte. De seguido as sombras empezarán a cubrilo todo, chegarán as tebras e é fácil deixarse embargar por un sentimento de desamparo, de soidade, inundarse da inquedanza que provocan os finais. E para contrarrestalo xorde unha vontade de permanencia, hai algo nese fermoso morrer das tardes soleadas que nos rebela contra o efémero, queremos pensar que o único que se vai é o día, pero que todo o demais pode ser eterno.
Quizais por iso a min me advertiron unha vez que non me fiara moito dos quéroche que se din tras ver un solpor.

Solpor na praia de Broña
Solpor na praia de Broña
Anuncios

2 thoughts on “COUSAS QUE FAI O SOL EN GALICIA (III)

  1. Do you mind if I quote a few of your posts as long as I provide credit and sources back to your weblog? My blog is in the very same niche as yours and my users would truly benefit from a lot of the information you present here. Please let me know if this alright with you. Thank you! dccdgakdbffk

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s