EQUILIBRIO

      Ás veces un camiña pola vida como un funámbulo na corda frouxa, tendo que medir moito cada paso para non caer. Avanzar convértese nunha ardua tarefa e semella máis doado pechar os ollos e deixarse ir, buscar un mal paso que nos libere do esforzo de manternos en pé.

Dar no chan e pasar un tempo lambendo as feridas é unha opción moi tentadora.

Algunhas desas veces, xusto antes de rendernos, decatámonos de que non estamos tan lonxe do extremo seguro da corda, trátase só de manter o equilibrio uns pasos máis. Adoitamos pensar que hai algo que nos axuda a coller folgos, algo que nos salva. Un amigo, un amor, un libro, mesmo unha relixión. Reconforta pensar que hai heroes que nos rescatan, pero xa dicía Sabina que non hai ser humano que lle bote unha man a quen non se quere deixar axudar, así que ó final todo se trata de nós.

A salvación empeza sempre dende dentro.

Aínda que eu unha vez pensei que me salvara unha serie de televisión.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s