Regalar libros

índiceHai tantos “días internacionais de…” que non se poden celebrar todos, así que hai que ir seleccionando. Un dos meus escollidos é o día do libro.
Gústame que me regalen libros, pero o que máis me gusta é regalalos. Regalar un libro é darlle a quen o recibe compaña nos momentos de soidade, ás veces risos e ás veces bágoas. Darlle a oportunidade de aprender, de divertirse, de emocionarse, moitas veces de recoñecerse na vida de persoas que lle son alleas ou de ver por escrito o que nunca lle gustaría ser. Regálase a certeza de que todos os mundos existen e que todo pode ser realidade sobre un papel.

Cun libro regálase a opción de sentir o que outros soñaron.

Ás veces regálanse só bonitas cubertas que deixar repousar nalgún estante. Hai libros tan máxicos, que aínda sen ser lidos, teñen o poder de evocar historias non contadas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s