Expediente peiXe

 

Pequena escolma dos meus acuáticos achados
Pequena escolma dos meus acuáticos achados

Santiago estase enchendo de peixes, alguén tiña que dicilo.
Si, si, como o ledes, as rúas estanse empezando a poboar deses animais que viven na auga e respiran por branquias. Levo un tempo deixándoo pasar, esperando que este tema empece a ser Trending Topic nos bares e nas cafeterías de xeito espontáneo, pero o visto o visto, que todos facedes como que non vos decatades, teño que dicilo eu!! Que todo volo hai que sonsacar, de verdade!
Fai xa un par de anos que vin o primeiro. Esta data puntualízoa para que cando todo o mundo estea a tope co tema saibades que eu nese grupo xa reparara antes de que fora mainstream. Estaba pintado nunha fachada da rúa Mestre Mateo. Porque os peixes, como seguro que deducíchedes pola imaxe da entrada, non aparecen nadando cas súas aletiñas polas rúas de Compostela, que en Santiago chove, pero tampouco tanto, son graffiti, pintadas nas paredes.
O caso é que eu reparei nel porque son Piscis, e un das taras mentais que teño asociada ó signo é que, quitando os que aparecen nas cartas dos restaurantes, fíxome bastante nos peixes. E, quizais por esta característica zodiacal, pasados uns meses reparei noutro que, sen ser entendida eu en arte e moito menos de arte da rúa, me pareceu da mesma autoría, ou polo menos da mesma escola graffiteira de peixes. Cando pasadas unhas semanas me atopei noutra localización distante co terceiro a busca de pintadas de peixes converteuse nunha obsesión. E unha obsesión moi satisfactoria, debo dicir, porque atopaba unha morea! Ata creei unha conta de instagram onde subía esas fotos na miña ansia por compartir estes achados co mundo.
Nos primeiros momentos víaos en portais e balados abandonados, pero chegado un punto empeceinos a ver na zona vella, e iso, non vos vou enganar, pareceume mal, porque eu da zona vella de Santiago estou namorada e pintar nesas pedras paréceme un sacrilexio. O único que ten dereito a pitar alí é o mestre Mateo, porque o pórtico da gloria quedoulle tan chulo que el en Santiago, dende o meu punto de vista, pode pintar o que queira, pero como non creo que o peixes foran da súa autoría disgustoume e tomei vinganza: Parar de fotografalos e polo tanto de compartir esas imaxes no instagram. As miñas vinganzas son así, a persoa contra a que me vingo pode nin darse conta, pero satisfaime igual. É o meu estilo.
O caso é que desde que deixei de buscalos cada vez atopo máis! E unha cousa moi tola. Eu intentei durante meses finxir que non os vía, mirar po outro lado, pero chega un punto que é imposible, e xa o colmo foi a pasada semana, cando indo para o traballo vexo un fóra dos límites de Santiago, pintado no balado dereito da estrada. Estanse a espallar!!! Lamento non ter foto deste último, terédesvos que fiar da miña palabra ou ir vós mesmos comprobalo, pero é perigoso á par de ilegal sacar unha foto mentres se conduce pola autovía. E non vaia ser que despois alguén me denuncie e me acabe sacando Piqueras no informativo lamentando a inconsciencia da xente ó volante.
Pero ó gran, Que pasa con estes peixes? Quen está detrás? Que nos están querendo dicir? Aquí hai algo gordo e non lle estamos dando a importancia que debéramos… Non sei vós, pero eu preciso saber de que vai isto, quen os fai? Con que motivo? Busquemos unha teoría conspiranoica para este fenómeno!!! DÁME UNHA RESPOSTA, INTERNET!

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s