SE TI SALTAS…

 

 BmogH39CMAA4pCA.jpg largeTodos vivimos algunha situación na que o hemisferio racional do noso cerebro nos impón a calma mentres recibimos de todas as demais partes que inflúen na toma de decisións sinais luminosas de que nos lancemos porque pode ser divertido. É o que se chama ALERTA ANÉCDOTA.
Neses momentos, ó igual que na maioría dos momentos da vida, é ideal ter amigos ós que as conexións internas lle funcionen de xeito similar. Amigos que dean o empurrón final dicindo iso de “Se ti saltas…” para que antes de que se remate de pronunciar a frase xa haxa alguén voando polos aires. Esa precipitación evita ás veces escoitar a parte final da sentenza, que pode non ser “… eu salto” senón “…eu vou ter que saltar” Porque hai ocasións nas que saltamos xuntos debido ó irrefreable desexo de embarcarnos nunha loucura, pero noutras saltamos xuntos porque non podemos deixar que alguén dea o chimpo en solitario. Ó fin e ó cabo a amizade réxese polos principios dos mosqueteiros, “Un para todos e todos para un”.
Cando os pais fan esa manida pregunta de “Se os teus amigos se tiran dunha ponte, ti tíraste?” Deberían saber sempre que a resposta é “Que remedio!” Pois un nunca sabe cando atreverse a trocar o sentido en grupo supón o inicio dunha aventura, dun deses momentos épicos que teñen todos os grupos de amigos dos que se falará durante días, meses, semanas, anos… E é sempre mellor arriscarse a levar unha cuada cando se salta ó baleiro sen rede que acabar sendo o que non saltou aquel lendario día no que non había rede…

Anuncios

3 comentarios en “SE TI SALTAS…

  1. Pingback: El infinito es un ocho acostado | ePIDEmicas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s