COUSAS QUE FAI O SOL EN GALICIA (IV)

 

Captura do ceo da Quintana nun feliz día de sol.
Captura do ceo da Quintana nun feliz día de sol.

En Galicia o sol fai que os días nos que sae parezan festivos, sobre todo eses primeiros días da primavera nos que asoma en todo o seu cálido esplendor despois de meses de ceos morriñentos.
Incluso un vai ó traballo de mellor humor. Unhas gafas de sol, música alegre na radio (ninguén pon cancións tristes cando o día é luminoso, iso gárdase para os “rainy days”) e a estrada como a promesa dun punto de fuga no horizonte.
Como nos festivos, nos días de sol tense a sensación de que hai que aproveitar o tempo con actividades distendidas: Os estudantes poboan as alamedas, os nenos os parques e as señoras que quedan para andar as estradas rurais. Parece que por norma todo o mundo está un pouco máis feliz: ós avós dóenlle menos os ósos, as parellas están máis namoradas e todos os problemas semellan ter solución. Da a sensación de que o único que se precisa para que o mundo estea en orde é unha terraza, unha cervexa fría e boa compaña.
Ou pode que non sexa unha sensación, pode que en realidade iso sexa todo o que faga falla para estar feliz.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s