DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

índiceDicíalle a flor ó principiño no libro Saint-Exupéry que os homes non tiñan raíces e que iso lles molestaba. Pode que tivese razón, pois ten que ter o seu aquel estar atado á terra. A falta desa unión física a min o que máis me liga cos orixes é a lingua. Por iso hoxe, 17 de maio, me gusta celebrar o día das letras.
Á falta dun nome característico ou dunha xoia que ir transmitindo de xeración en xeración, a tradición máis arraigada na miña familia é que son en galego os primeiros aloumiños que nos dedicamos nada máis nacer e en galego os lamentos cos que nos despiden, por iso a min a lingua, ademais de coa terra, conéctame cos antepasados. No lapso de tempo que transcorre entre uns e outros case todo o bo e o malo acontece en galego tamén. Incluso aquilo que nos pasa noutras linguas o acabamos lembrando  nalgún momento en galego.
Por iso, máis alá da súa indiscutible funcionalidade, a lingua ten un incalculable valor sentimental e por iso me satisfai que cada 17 de maio se renda homenaxe a alguén que dedicou a vida, ou parte dela, a prestixiar o galego como vehículo de cultura. Este ano Xosé María Díaz Castro, aquí unha ligazón para quen queira saber algo máis del.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s