CICATRICES

 

"Destiny leaves its mark" Aquí unha imaxe elixida de xeito completa e absolutamente aleatorio dun mozo con sinais

“Destiny leaves its mark”
Aquí unha imaxe elixida de xeito completa e absolutamente aleatorio dun mozo con sinais.

Vivimos nun mundo no que todo é efémero, temporal, case nada dura para sempre. As noticias son vellas cada 5 minutos, as modas pasan sen decatarnos e ata os recordos se esvaecen sen que poidamos evitalo.
Ás veces cando alguén nos recorda unha anécdota de fai tempo sorprendémonos preguntándonos como puidemos esquecer ese intre no que ríramos tanto ou no que algo nos fixera sufrir. Por iso eu ultimamente intento capturar momentos, quedar un anaco pensando neles para gravalos, como facía cos apuntamentos cando estudaba. Pero voume dando conta de que é imposible, que ó final todo se borra como se borraron algúns datos memorizados durante horas de arduo esforzo.
Mentres pensaba isto sorprendinme mirando o pulso dereito, no que teño dúas cicatrices superpostas, fixéronmas un fouciño e un airbag, son tatuaxes que me farán lembrar sempre o momento no que se produciron. E así decateime de que teño na pel un inventario de acontecementos que deixaron pegada: a mordedura dun can, a rabuñada na panca do tractor, marcas da varicela, unha queimadura por secador de pelo, o corte dun coitelo…
E recorrendo a pel fun facendo memoria e reconciliándome con eses sinais imborrables, é bonito ter pegadas do vivido.
E isto vén ó caso porque o meu coche ten agora tamén unha cicatriz, unha pequena rascadura que meu pai vai ver nada máis entrar na eira, porque ten un sexto sentido para iso, e estaba pensado que para mitigarlle a decepción comigo igual lle conto o das pegadas, o do bonito que é ter marcas do camiño percorrido. A ver se colara…

Anuncios

3 comentarios en “CICATRICES

  1. Pingback: Lecciones de estilo | ePIDEmicas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s