COUSAS QUE FAI O SOL EN GALICIA (v)

Aquí o sol a punto de esconderse.
Aquí o sol a punto de esconderse.

O sol en Galicia fai que os galegos nos comportemos como auténticos pagafantas.
El ten a actitude desas mozas altivas e caprichosas que xogan con un. Aparece e desaparece cando se lle antolla, e nós negámonos a ver que estamos atrapados nun amor non correspondido.
Para ben ser deberíamos ter preferencia pola chuvia e as nubes, que pasan connosco a maior parte do tempo. Levan séculos achegándonos ás lareiras, propiciando a creación, arredor do lume, de toda a nosa mitoloxía popular: a Santa Compaña, o medo ó lobo e as historias sobre o home do unto non terían sido as mesmas sen eses escuros invernos que duran case todo o ano.
Sen embargo, asoma o sol cos seus raios de luz e non podemos máis que adoralo, sucumbir ó seu cálido encanto. Rendernos á realidade de que a súa presenza fai o mundo máis fermoso. Sentimos, cando el alumea, que estamos a bailar coa máis guapa.
Despois marchará sen anuncialo, deixaranos xeados no medio dunha festa en agosto ou dará paso as nubes nun domingo de Praia. Non terá compaixón de atraer nubarros de treboada o día dunha voda ou de privarnos semanas de velo despois da promesa dunha cálida primavera.
E virán as dores de cabeza e os arrefriados. Males menores que, como bos pagafantas, esqueceremos ó minuto seguinte de volver a ver os raios.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s