COUSAS QUE FAI O SOL EN GALICIA (VI)

Bañistas correndo cara o frío Atlántico. (Os royalities desta fotaco son de Rathen, especialista en capturar momentos)

Bañistas correndo cara o frío Atlántico.
(Os royalities desta fotaco son de Rathen, especialista en capturar momentos)

O sol en Galicia fai que os galegos nos bañemos no Atlántico.

Nun día de sol corremos cara o Atlántico a lo loco! E conseguir isto é un mérito incrible, pois non somos un pobo que nos caractericemos precisamente por mollarnos (a non ser que nos nomeen ó legado do Tibu, que aí, cuidadito, cuidadito…)
O caso é que se quenta sol e se está na praia un galego debe sempre dar un chapurrón na auga, da igual que a temperatura sexa a mesma que conxelou a Dicaprio no atlántico norte. Un á Praia ou vai ca intención de meterse no mar, ou non vai. Ademais hai que ver o bo que é para a circulación iso, eh! Que cha deixa activada para o resto do ano, a mil por hora pon a circulación a auga do Atlántico nun día axeitado!
A naturalidade coa que tomamos a temperatura das nosas praias pode chamar a atención dos turistas afeitos a augas máis cálidas, pero ese frío é algo no que nós nos curtimos dende nenos. Cando aínda non somos quén de manter o equilibrio axeitadamente sempre hai alguén que nos leva pola man para darnos ese xeado bautismo, despois disto estamos preparados para pasar no mar tardes enteiras de xullo e agosto, cos beizos denegridos polo frío pero negándonos a ir para a area.
Dalgún xeito esa capacidade de gozar a temperaturas que capaces de insensibilizar por momentos a as extremidades é o noso superpoder.

Anuncios

2 comentarios en “COUSAS QUE FAI O SOL EN GALICIA (VI)

  1. No entiendo todo lo que pones por eso de la barrera idiomática, pero lo que sé es que entran ganas de ir a Galicia, aunque sea para conocer a las gallegas.
    Un abrazo desde Colombia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s