RUTINAS

paso-del-tiempo1Por norma xeral aborrecemos as rutinas, pensamos nelas como algo do que fuxir para evitar que o tedio se instaure nas nosas vidas. Pero o problema non está nas rutinas, o problema é a nosa incapacidade para elixilas axeitadamente.
Unha rutina que nos agrade pode ser algo delicioso, un sitio no que refuxiarse do caos, unha sorte de fogar ó que acudir cando todo falle. Nun mundo azaroso onde nada permanece é reconfortante ter costumes que repetir mecanicamente, algo inmutable que facer case sen saber porqué.
A xente adoita sentirse atrapada nas rutinas e sen embargo non hai nada máis fráxil, nada máis fácil de romper. Tan sinxelo escapar como crebar a cadencia, como deixar de seguila un día e ver que non pasa nada. Saltarse un elo da cadea pode implicar non ser quén de engarzala nunca máis.
Eu por exemplo levaba meses escribindo os luns neste blog, deixei de facelo unha semana e agora xa non sei se serei quén de retomar.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s