FEÍSMO

Esto en ARCO, lo peta!

Esto en ARCO, lo peta!

Veño aquí romper unha lanza a favor do feísmo urbanístico. Ese fenómeno que se da en Galicia que consiste en utilizar somieres vellos para cercar fincas ou persianas para dar sombra nas paradas do autobús.
Deberiamos decatarnos de que non paga a pena seguir loitando contra algo tan arraigado na nosa idiosincrasia. Asumamos este xeito de reciclaxe extrema e en lugar de tratar de erradicala poñámola de exemplo.
Nun mundo condicionado pola obsolescencia programada están os avos galegos plantándolle cara ás multinacionais. Cando unha gran corporación decide que a vida dunha campá extractora debe finar sempre haberá alguén en Galicia que conseguirá prolongarlla cunha creativa segunda utilidade.
Vén sendo como un síndrome de Dióxenes pero de portas para fóra, no canto de acumular cosas na casa búscaselle un segundo emprazamento en espazos abertos, para uso do propietario e gozo dos paseantes; contribuíndo ademais a que de cando en vez algún xornal do país poida usar unha pintoresca galería como nova de recheo e evitando acumular máis cousas no lixo.
O que vos dicía: toda vantaxes!

Anuncios

4 comentarios en “FEÍSMO

  1. Isto e xenial!! encántame a segunda vida de esa “preciosa” campá extractora…non era cousa de tirala 🙂
    Este tipo de reciclaxe, tope imaxinativo, esta tan implantado no noso pobo que solo nos queda rendirnos e admiralo como unha mostra do noso arte contemporaneo, pequenas instalacións en espazos abertos…
    Bicos.

  2. Wow!!! Las hay que son de auténticos genios del reciclaje, soy yo que debo tener un trauma o los muñecos estilo espantapájaros dan un poco de yuyu?
    uy buena entrada, jejejejeje!
    Doces bicos desde Barcelona

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s