SETEMBRO

septiembreAceptamos como convención social que todo comeza en xaneiro porque está ben ter motivos pa festexar no medio do inverno e, porque tras meses de frío e choiva, é preciso pensar nun novo renacer. Pero no fondo todos sabemos que iso non é realmente certo, que onde comezan e rematan os ciclos é en setembro.
Sabémolo dende que por primeira vez alguén nos leva da man, en setembro, á escola. Enfrontámonos así ó primeiro cambio drástico das nosas rutinas. A  partir de aí, aínda que os anos se contabilicen dende o 1 de xaneiro imos medindo as sesións das nosas vidas por cursos. Facemos os nosos proxectos dende mediados de setembro, e procesamos o fin do período estival como o fin dunha etapa.
En setembro retomamos as rutinas que o verán rompe, propómonos novos hábitos e comezamos as coleccións de dedais do mundo ou buques lendarios da segunda guerra mundial.
Ademais, unha das cousas que fai crible que os ciclos comezan e remantan en setembro é que non hai imposto un minuto exacto no que teña que acontecer un novo inico. Non se pode impor que os cambios se teñan que producir xusto ás 00:00 do 1 de xaneiro, senón que son sempre algo paulatino e en setembro temos todo un mes para pechar cousas e abrirnos a novos horizontes.
Vamos cambiando de etapa conforme os días se igualan ás noites, o sol nos visita con menos frecuencia e as follas das árbores se van tinguindo das cores do ocaso. As cousas acontencen de xeito paulatino ata que de socato un día somos conscientes de que un novo período acaba de iniciar.

Anuncios

3 thoughts on “SETEMBRO

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s