Os límites do cuquismo

En serio isto é necesario? EN SERIO?
En serio isto é necesario? EN SERIO?

Pois parece que en Madrid xa ninguén está a salvo do cuquismo. As miñas condolencias.
Por si quedaba alguén na capital sen redes sociais nas que ver cada mañá frases cheas de romanticismo e motivación Boa Mestura tivo a idea de pintar versos nos pasos de peóns. Así que mentres a xente se desespera agardando a luz verde pode ler no asfalto “Me sentí astronauta perdido en tus lunares” ou “No hay mejores brindis que los que hacen tus pestañas” e vomitar arcos da vella.
Só se van salvar os iletrados e os que non teñan papa de español. Benaventurados eles.
Si é que nos tempos que corren xa non sei vai poder ser un amargado tranquilamente, non se respeta nin a necesidad da xente de pasear abatido por unha gran cidade sen que veña alguén arrincarlle un sorriso. Hai que por límites aí, é preciso, porque ás veces cómpre ter un deses días de non crer que todo é posible sen que nos arruinen a tristeza cun “Te comería a versos
Ademáis fraco favor lle fan á poesía poñendo á xente contenta. Apostaría a que Rubén Darío escribiu “Lo fatal” nun deses días de non crer en nada e igual teríamos perdido un tremendo poema si esa mañá lera na rúa “Estás en mi lista de sueños cumplidos” e lle viñesen ás ganas de sentir.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s