O MUNDO INICIANDO…

 

 

Hai días que arrecenden a petróleo malia á chuvia que cae… deses nos que parece que o único ó xeito sería emburullarse nun cobertor a cadros vermellos, e desaparecer nas fondas branduras do sofá, vendo filmes de serie B ou debuxos animados dos oitenta.

Días nos que o ordenador nunca deixa de iniciar, falla o TDT, tes unha multa no salpicadoiro e non eres visible nin para o can. Precuras sentarte ben dereita e adiantar algo de traballo, máis o maxín desvaría e acaba apousado en calqueira pensamento pouco produtivo.

E penso…

Que neste mundo non hai nada que dea amáis mágoa cós vellos de chambra azul que se lavan con xabón da Toxa para ir ó médico. Con esa reverencia vestixio dun pasado diferente, barbeados de domingo, os ollos nús lixeiramente asustados. Sós. Porque os fillos sempre teñen algo mellor que facer, coitados. E agardan na sá para ser atendidos por alguén non sempre de bó humor, ás veces presuntuoso de máis, e sen protestar… porque “sonche xente de carreira”. Pode que horas na mesma cadeira de plástico, lembrando quizais cando había máis xente na casa, e non se ían deitar noite tras noite co medo de morreren na soidade. Coma cans.

E penso tamén…

Que debían ser desterradas as florituras e as reviravoltas… en todo canto se lles poida ser aplicado: nas ideas e intencións, nas conversas e nos escritos. Tamén no vestir, e sobre todo nos amores. Nada de retorcido debería ser permitido, ou aínda alentado. Os dobres sentidos, os egos rimbombantes e as frases barrocas… Se por min fose, só quedaría o meridiano, direto, sinxelo. O que non dea lugar a dúbidas.

E mentras, o ordenador continúa iniciando… o café arrefriou e xa deron as once.

O mundo darredor, está tamén iniciando… sempre en modo de espera, inconcluso e anegadiño de literatura enguedellada que só alenta á indefensión duns, e ós pulos mesiánicos doutros.

 

Anuncios

2 comentarios en “O MUNDO INICIANDO…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s