SELFIE STICK

 

Sefie de Manet suxeitando coa man esquerda un dos máis rudimentarios "selfie sticks" que se coñecen.

Sefie de Manet suxeitando coa man esquerda un dos máis rudimentarios “selfie sticks” que se coñecen.

O selfie stick, ou a vara esta de facerse autofotos, paréceme unha cousa tan absurda, innecesaria e egocéntrica que si non vou agora mesmo a unha tenda de accesorios para o teléfono facerme con unha é por vergonza. Que cousa tan fantástica!
Sei que hai moita xente en contra desde utensilio pero, sexamos francos, era un gadget necesario. Si vas por aí con máis de 3 ou 4 amigos unha autofoto clásica, a de estricar o braciño e xirar a cámara para que saiades todos, non queda ben: ou se corta algunha cabeza ou non sae a paisaxe, iso é así.

Está a opción de parar almas caritativas pola rúa para que teñan a amabilidade de retratarvos, pero eso é moi 90, nos tempos modernos a todos nos da reparo distraer a alguén que seguro camiñará facendo cousas interesantes como escoitar música no I-pod ou pensar un tuit cheo de enxeño co que abraiar ós seus seguidores. E ademáis case nunca enfocan ben.
O pau dos autorretros é unha solución a un problema, un problema de egocentrismo, pero un problema ó fin e ó cabo. E nin tan sequera é un problema recente, unha modernidade, senón que existe dende que o primeiro homínido empezou a representar ós seus colegas nas paredes dalgunha cova, que xa lle tiña que amolar pintar a toda a tribo e non saír el tamén arrebolándolle lanzas ó Mamut!

De aí que a maioría dos pintores caera na tentación dos autotretatos desde os selfies típicos de Van Gogh ou Rembrandt á técnica rebuscada con xogo de espellos de Velázquez. Da igual que se use un pincel, o temporizador da cámara ou un pau pa suxeitar o teléfono, dende que o ser humano representa imaxes TODOS QUEREMOS SAÍR NA FOTO!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s