TEMPO NÚ

1150175_10200449795032762_335719254_n

Coido que foi entón… Cando de súpeto… todo estivo escuro, por un intre

os vellos do mundo enteiro, agardaron na portela dos camposantos

na negrura xeitosa acubilláronse a durmir os meniños.

As mulleres e os homes espidos, quixeron enguedellarse a eito.

Non puido ser antes, nin despois.

Tivo que ser daquela…

O momento xusto.

Detivéronse os reloxos,

como acontece sempre nos contos dos poetas.

Suspendidas do ar as follas nos soutos,

estancadas nos meandros as risas do río

sorprendidas as fiestras nas casas,

petrificadas as bestas nos montes.

E a medio lavar…

as vermellas fazulas das nenas.

Outra cousa non é debida.

Catro meigas de negro…

Como negros están os meus ollos

remexían cuspes en latas vellas,

máis tamén o seu estarrío, foi detido.

Xusto  entón. Claro que foi entón,

que deixou de estorbarnos o mundo,

e non se escoitou máis cousa…

có alento morno da esperanza.

Anuncios

Un comentario en “TEMPO NÚ

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s