MEIGAS

No caderno de lectura de terceiro da EXB había un conto que falaba de meigas boas, ilustrado no remate cunha fermosa moza vestida de branco e apañando margaridas. Fará cousa duns quince días, mentras rebeiraba no faiado, volvémonos atopar aquela historia e máis eu. Non me quedou outra, tirei co libro no lixo. Valente parvada…

NENOS DE ALDEA

  Nacín nunha aldea. Nunha aldea galega, desas onde a xente se xuntaba pras tarefas do agro, con sabor a Fanta, Estrella Galicia e pan fresco máis chourizo. Nas que as escolas cheiraban decote a fume de lareira. Son unha mestura do lugar de Preira por liña materna (meu avó o republicano lector de xornais, e…