LISTAS

Un ano, en decembro, fixen balance do vivido.
Foi no 2009. Cheguei ó Nadal coa sensación de que fora un ano tan espectacular que tiña que escribilo. Quizais se debeu a que ese xuño vira a Bruce Springsteen en directo e aínda non me repuxera da emoción.
O caso é que rematei facendo unha lista cousiñas boas que me pasaran. Repousa, medio esquecida, no blog do tuenti. Pensei ir recuperala, pero dáme medo entrar no que agora debe ser un cemiterio cibernético e que me asalten fantasmas de posts pasados. E ademais esquecín o contrasinal.
Isto vén a que acabo de chegar a decembro do 2015 cunha sensación moi parecida. Pode deberse a que escoitei en directo a unha cantante de fados nun barucho de Porto e inda non me repuxen da impresión. Non sei.

O caso é que recordo que despois daquel 2009 tan ilusionante e daquela lista de acontecementos, tiven un 2010 que… non vos quero aburrir con problemas, pero que birria de ano! E claro, creo que a culpa de todo foi esa lista que fixen ó final. Que o Karma me viu contenta de máis e quixo equilibrar. Así que non penso facer, por ganas que teña, a lista deste 2015 no que andei á captura de wiffi en Nova York e tiven unha morea de novas primeiras veces. Non vaia ser que se decate o Karma e se me estrague o 2016,porque… quen sabe que acontecerá maña!

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s