O día que case morro dúas veces

281263_1855225905728_5475404_n

 

Un gran día o de hoxe, que marabilla!!, que enerxía vital!!  foiche todo frenesí e actividá… dende as seis da mañá pululando polo mundo cunha chea de cousas por facer.

Regaláronme bombóns de chocolate (non saben un carallo, pero o que conta é o detalle), pa cear metéronme no bolso un tupper de arroz con bogavante, e chimpeille varias copiñas de Muga máis un flan de óvo que eso non se pode explicar con palabras.

A ver, vale que de volta do traballo, en pleno adiantamento, me topei cun Escort granate que viña en sentido contrario pola autovía. Pero eses son males menores, cousas do día a día, xa se sabe. Despistes tontos que ten a xente. Máis tarde, puxen música, e mesmo pensei en descansar. Fun buscar un escritorio que tiña encargado, e vacilamos un anaco o mueblero e máis eu. Tan pavero…

Cajondió, pero a cousa revirouse de vez. O Polígono é un sitio hostil que te papa devecido… estás en risco de acabar no Decathlon, no Mercadona… ou o que é peor, nos chinos.

Pero hai un lugar, no que por dios volo pido, se vos queredes algo, non entredes nunca.

O Leroy Merlín.

¿Que caste de mente depravada inventa un antro así?

Eu ía tranquila. Feliz aí coas miñas tolemias, flipándome soa, coma sempre. E de súpeto, esa luz cegadora que te posúe e te domina, ao final dun túnel… Cantos fedellos! Namais entrar, unha pila de cadros rollo cuqui. Tiña falta deles, seis ou sete cando menos. Ah, e unhas cortinas, por suposto… un caldeiro do lixo cuátruple polo da reciclaxe… un mobre absolutamente inútil para o baño. Joder, ¿e logo esas prantas tropicais tan preciosas, que me van durar o mesmo cás pinzas da roupa (antes de acabar no balcón da veciña)?  Vinme tan emburullada nunha devacle consumista, que esquecín que o motivo inicial da visita era mercar un martelo e un desparafusador (para os inorantes, un destornillador de toda a vida de cristo). Pero é imposible non perderse naquel inferno… mentras buscaba as ferramentas, aínda metín no carro catro caralladas máis. Veume salvar un rapaz que me viu a cara de pasmona, explicoume algo sobre modos y usos del martillo y del destornillador de estrella, e aconselloume sutilmente marchar pa casa.

Hostia, pero é que antes do mostrador estaban as lámpadas. Foi velas, e facerme unha falta loca. Estiven pensando cantas bombillas teño no piso novo, pero como non me lembro, funme á aproximación. Total, lámpada arriba, lámpada abaixo, malo será.

Repito. O Leroy Merlín é o averno, e a sección de iluminación pior ca escoitar un disco enteiro de Antonio Orozco, e despois xantar bistés de fígado con Amaya Montero. Eu, que son migrañosa de nacemento, póñome a escoller a máis xeitosa. E pregúntome pa qué conas as teñen todas prendidas. Porque fogonazo lumínico vai fogonazo vén, púxoseme unha dor no ollo dereito que xa vía vir eu a noite de cans que me esperaba… pero facíanme falta as lámpadas, xa volo dixen. Era cuestión de vital relevancia. Sen elas, non podería manterme viva.

Saín daquela guerra civil cargada de trapalladas… non vos vou dicir canto ghastei porque é unha verghonza… e total, que chego ao piso novo, descargo o puñetero escritorio pa montar, e vai o moi palanquín e caime nun pé… e acabouse o de saír correr esta semana.

O meu día, que tan bó era… e qué maneira de estropearse.

Pos resúltase que a mesa en cuestión non me cabe no cuarto de estudio, comprei tres lámpadas de máis e non hai antiinflamatorio agora que me calme a cabeza…

E digo eu, mira que somos parvos de vez os seres humanos. A culpa de todo, téñena os franceses e os suecos. E eu, claro, que non caio da burra…

Así que aproveito este comunicado por ver se algunha alma caritativa se apiada de min, e me ven argalla-los mobres. Porque entre tanto tablón e tanto manual de instruccións, vaime dar unha volta malisma, e podo acabar morrendo do desgusto. Xa teño martelo, e destornillador de estrella, así que tranquilos.

Vida esta, cona…

_Rathen_

Anuncios

Un comentario en “O día que case morro dúas veces

  1. ¡¡Eu, eu eu..! E no te preocupes pola farramenta, eu teño unha boisima… esto, porque traballo en mantemento, non vaías a pensar que teño sutiis, oscuras… e depravadas intencións, nada mais loxe da miña intención, e só que hai fotos que din tanto como o texto que as acompaña.
    Un salido… esto, un saludo.
    A que se lle ocurre… eses sitios son antros de culto capitalista onde as mulleres perden a cabeza, e os homes simplemente pérdense.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s