8 de marzo

Somos herdeiros do noso pasado. Non hai tanto, durante o Franquismo, as ameazas á orde natural dunha raza hispánica única e sobresaínte debían reducirse con todo o poder punitivo do Estado.

Moral  moralista, e lei pendular.

Os “individuos” posicionábanse dentro dunha tasación de calidade. Dende os desviados e os ignorantes ata os varóns ergueitos, católicos e inquisitoriais. Por pura bioloxía os primerios estarían condenados á desaparición ante o dominio adaptativo dos segundos. Pero, a diferencia do que pensaban personaxes coma Vallejo-Nájera, a sega non acontecía de maneira natural. Nin veloz. É máis, non só seguían nacendo maricóns e retardados, senon que algunhas mulleres se remexían contra a idea de seren consideradas carne de inseminación e máquinas de coidado. Así que as transgresoras, os infectados polo  “virus marxista”, e os que padecían “pecados xenéticos” por malformación homosexual, transexual e travestida, eran perseguidos con crueza. Algúns, encarceados. Activos,  pasivos, desviados, sádicos, pervertidos, perdidas,  enfermos mentais…. Maltratados, sometidos a escarnio,  terapias inhumanas, investigacións demenciais. Voltos en bestas.

Foron máis cotiás en ditos centros os  portadores de pene, posto que o lesbianismo non era sequera concebible. Non se escrutaba tan suspicazmente ás mulleres que convivían ou compartían leito. Femias, ao fin! carne de preñez. Non se lles presupoñía nin a imaxinación suficiente como para maquinar “cochos actos sexuais fóra dos mandatos de Deus”. Polo tanto, o colectivo lesbiano da época, as “libreiras”, viviu con algo máis de folgura.

As teorías supremacistas e euxenéticas que equipararon comportamentos desvinculados do axioma “católico – vertical” con trastornos psicoafectivos seguen a influirnos. A miúdo nin nos damos conta de onde están… pero están por todas partes!! Exemplos: as persoas con identidade sexual diversa continúan padecendo rexeitamento e marxinalización. Os profesionais da saúde aínda somos vistos, por motivos herdados obvios, coma unha ameaza contra esa mesma liberdade identitaria. Insultos nas rúas, roupa feita á medida do sexismo, agresións musicadas (ou algo parecido), putas que follan con el primero que pasa, sodomitas sebosos…

Habería que facer algo pola liberdade. Perdémola na súa procura. LIBERDADE IDENTITARIA, QUE VÉN SENDO LIBERDADE DE PENSAMENTO, DE EXPRESIÓN, DE RELACIÓN E DE VIDA.

A do día oito non é só unha folga de mulleres, nin a xuntanza dunha comuna histérica, hippie e estroxenada. É un acto de rebeldía auténtico e senlleiro dun grupo de seres humanos coa suficiente intelixencia cómo para percibir que algo non anda ben.

Por eso é importante manifestarse non?  Coido que nas nosas mans está a loita pola dignidade.

Somos herdeiros do noso pasado. Guindémolo no lixo, conas. Non con grandes accións, que son parcela duns cantos lumieiras e xenios (fago constar que fuxo da especificación – as/-os amáis o uso indiscriminado da @, pero ese xa é outro tema). Non obstante, tampouco debéramos contentarnos mentras nos manipulan. Eu qué sei… facer bulto nunha manifestación, ler máis ou dicir as cousas cando as hai que dicir… calar? tampouco.

Yogyakarta non queda tan lonxe.

#8M

#Rathen

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s