LISTAS

Un ano, en decembro, fixen balance do vivido. Foi no 2009. Cheguei ó Nadal coa sensación de que fora un ano tan espectacular que tiña que escribilo. Quizais se debeu a que ese xuño vira a Bruce Springsteen en directo e aínda non me repuxera da emoción. O caso é que rematei facendo unha lista … More LISTAS

SELFIE STICK

  O selfie stick, ou a vara esta de facerse autofotos, paréceme unha cousa tan absurda, innecesaria e egocéntrica que si non vou agora mesmo a unha tenda de accesorios para o teléfono facerme con unha é por vergonza. Que cousa tan fantástica! Sei que hai moita xente en contra desde utensilio pero, sexamos francos, … More SELFIE STICK

BERLÍN

Ás veces vaise de turista a lugares novos e vólvese lembrando sitios. Ás veces vaise de viaxe con amigos e vólvese lembrando momentos. Así hai cidades das que gravamos unha praza e hai outras das que gravamos unha conversa. Nunca se dirá as suficientes veces que non importa o lugar, importa a compaña. E calquera … More BERLÍN

LIÑAS

Existen infinidade de liñas que marcan o noso percorrido, que nos dirixen. Liñas ó pé do camiño que nos van indicando, de xeito sutil, cara onde avanzar e onde deternos. Ás veces é tentador avanzar sen telas en conta para sentirnos donos do traxecto, cruzar as liñas que nos limitan e trazar as propias rutas. … More LIÑAS

SETEMBRO

Aceptamos como convención social que todo comeza en xaneiro porque está ben ter motivos pa festexar no medio do inverno e, porque tras meses de frío e choiva, é preciso pensar nun novo renacer. Pero no fondo todos sabemos que iso non é realmente certo, que onde comezan e rematan os ciclos é en setembro. … More SETEMBRO

FEÍSMO

Veño aquí romper unha lanza a favor do feísmo urbanístico. Ese fenómeno que se da en Galicia que consiste en utilizar somieres vellos para cercar fincas ou persianas para dar sombra nas paradas do autobús. Deberiamos decatarnos de que non paga a pena seguir loitando contra algo tan arraigado na nosa idiosincrasia. Asumamos este xeito … More FEÍSMO

COMPOSTELA

Teño (ó menos) dúas filias confesables, unha é a praia de Carnota e outra Santiago de Compostela. Dubido que haxa lugares no mundo que me poidan gustar máis. Imaxino que os hai máis bonitos, pero que me gusten máis, imposible.Pensaba onte cando atravesaba a zona vella cunha amiga que as noites de verán en Santiago, … More COMPOSTELA

Casa Tarradellas

  Esa familia de pijos. Ese casoplón de pedra. Ese xardín que a saber cantos ferrados ten. 6 persoas na casa e… UN BARRA DE FUET PA TODOS!! En serio? Recortes no fuet? Paréceme a min que alguén estivo vivindo por riba das súas posibilidades… Senón é así que compren un día unha barra de … More Casa Tarradellas

Beautiful girls

  Beautiful girls es la peli que dio a conocer al mundo una joya de actriz. Para dar a conocer Ignis hay que empezar diciendo que es fresca (que no una fresca, léase bien la diferencia). Te recuerda a las cosas naturales y placenteras que ofrece la naturaleza: los manantiales, las cumbres nevadas, el rocío sobre … More Beautiful girls

RUTINAS

Por norma xeral aborrecemos as rutinas, pensamos nelas como algo do que fuxir para evitar que o tedio se instaure nas nosas vidas. Pero o problema non está nas rutinas, o problema é a nosa incapacidade para elixilas axeitadamente. Unha rutina que nos agrade pode ser algo delicioso, un sitio no que refuxiarse do caos, … More RUTINAS

JUVENTÚ!

  O outro día díxenlle a alguén que o seu principal defecto é que era moi noviña, díxenllo toda chea de razón e marchei tan tranquila, pa reunirme co resto de sabios anciáns da tribo e comentar o de volta de todo que estamos xa. Todos pasamos por etapas estrañas na vida, e vese que … More JUVENTÚ!

PUBLICIDADE ENGANOSA

  LAS NIÑAS BUENAS VAN AL CIELO, LAS MALAS A TODAS PARTES (*) (*)A todas partes en coche, conducindo, en días sinalados e hora punta. A temperatura de todas partes será a temperatura media do inferno (aprox. Ourense en Agosto). Obviamente o coche non dispón de ningún tipo de climatizado. Pasaranse as horas en atascos … More PUBLICIDADE ENGANOSA

SORTE!

  Vós credes na sorte? Na boa e na mala sorte? Porque eu creo que non hai nada máis, que iso é todo o que existe, todo o que move o mundo. Da igual o intelixente ou traballador que se sexa, o esforzo que se faga para acadar metas, si a boa sorte non nos … More SORTE!

ISABEL

     Agora que está de moda falar de monarquías vamos asumir que a a reina máis molona na actualidade é Isabel II. Porque entende mellor que ninguén que monarquía é tradición e non as modernidades estas de casarse con plebeos e gaitas… Xa abondo lle tivo que custar tragar coa monarquía constitucional, porque estou convencida … More ISABEL

CICATRICES

  Vivimos nun mundo no que todo é efémero, temporal, case nada dura para sempre. As noticias son vellas cada 5 minutos, as modas pasan sen decatarnos e ata os recordos se esvaecen sen que poidamos evitalo. Ás veces cando alguén nos recorda unha anécdota de fai tempo sorprendémonos preguntándonos como puidemos esquecer ese intre … More CICATRICES

SE TI SALTAS…

   Todos vivimos algunha situación na que o hemisferio racional do noso cerebro nos impón a calma mentres recibimos de todas as demais partes que inflúen na toma de decisións sinais luminosas de que nos lancemos porque pode ser divertido. É o que se chama ALERTA ANÉCDOTA. Neses momentos, ó igual que na maioría dos … More SE TI SALTAS…

Expediente peiXe

  Santiago estase enchendo de peixes, alguén tiña que dicilo. Si, si, como o ledes, as rúas estanse empezando a poboar deses animais que viven na auga e respiran por branquias. Levo un tempo deixándoo pasar, esperando que este tema empece a ser Trending Topic nos bares e nas cafeterías de xeito espontáneo, pero o … More Expediente peiXe

Regalar libros

Hai tantos “días internacionais de…” que non se poden celebrar todos, así que hai que ir seleccionando. Un dos meus escollidos é o día do libro. Gústame que me regalen libros, pero o que máis me gusta é regalalos. Regalar un libro é darlle a quen o recibe compaña nos momentos de soidade, ás veces … More Regalar libros

EQUILIBRIO

      Ás veces un camiña pola vida como un funámbulo na corda frouxa, tendo que medir moito cada paso para non caer. Avanzar convértese nunha ardua tarefa e semella máis doado pechar os ollos e deixarse ir, buscar un mal paso que nos libere do esforzo de manternos en pé. Dar no chan e pasar … More EQUILIBRIO

Velvet: explicación de por qué Ana debería quedar soa

Vou confesar aquí en petite comite que teño unha tara mental, ben, en realidade teño varias, pero unha en concreto lévame a engancharme ás máis absurdas telenovelas. Canto máis previsible sexa o argumento, máis inverosímiles as personaxes e máis parvas as tramas máis difícil me resulta cambiar de canle. Atopo un estraño pracer en indignarme … More Velvet: explicación de por qué Ana debería quedar soa

SMILEY

Falta un emoji no Whatsapp. Alguén tiña que dicilo. Tentan distraernos colocando centos de imaxes inservibles. Quen precisa tantas froitas? E os edificios? De verdade fai falla unha igrexa con corazón e outra igrexa sen corazón? Vese que a burbulla inmobiliaria tamén chegou aí. Ninguén se da conta de que toda esta saturación é un … More SMILEY

FE DE RATAS

Recibín unha crítica salientando as faltas ortográficas das miñas anteriores entradas e non me queda máis remedio que vir aquí e pedir desculpas, primeiro ó idoma galego (que a RAG me perdoe, compañeiros) e depois ós 4 ou 5 lectores que vos paseades polo blog e tedes que sufrir que calquera descoidada publique cousas en … More FE DE RATAS

SER COMA NENOS

Pasamos unha parte importante da vida adulta con morriña da infancia, en canto temos un revés xa estamos lembrando aquela época na que eramos libres, felices e despreocupados, pero… en serio éramos así? QUE MANEIRA DE AUTOENGANARNOS! Realmente os vosos cerebros resetearon tan ben que non vos acordades do chungo que era ser neno? Tíñamos … More SER COMA NENOS